BASES CONCURSO RIBADEO DE TAPEO. X EDICIÓN

1- ORGANIZACIÓN , PARTICIPANTES E CALENDARIO

A organización do X Concurso de Tapas “Ribadeo de Tapeo” está promovido polo departamento da Área
de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Ribadeo, xunto á Área de Cultura e Turismo da
Excma. Deputación de Lugo.

1.1 Poderán participar todos os establecementos hostaleiros e de restauración de Ribadeo que se inscriban a
tal fin e acepten estas bases, en calquera das súa tipoloxías: bar, mesón, restaurante e cafetería.

1.2 O evento ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura de tapas e fomentar a calidade da
gastronomía da vila. A celebración do concurso levarase a cabo do 9 ao 17 de maio, ambos os dous
incluídos.

2- TAPAS

2.1 Cada establecemento poderá presentar 1 tapa como máximo, a un prezo de 1.30 euros, podendo ser
frías ou quentes. As tapas presentadas ao concurso deberán ser ofertadas ao público durante os días de
celebración do mesmo agás os días de peche oficiais de cada estabelecemento (aqueles que non teñen día
de descanso, poderán establecer un día de descanso) O horario de servizo das tapas deberá ser como
mínimo de 2 horas en horario de mañá-mediodía e 3 horas de tarde, agás aqueles estabelecementos que
xustificadamente acrediten que o seu horario habitual é ou ben de tarde ou ben de mañá.

2.3 Todos os estabelecementos participantes están obrigados a presentarlle á organización
fotografías da súa tapa con anterioridade ao 16 de abril. A organización porá un fotógrafo/a
gratuíto a disposición dos estabelecementos. Para tal fin o fotógrafo/a e hostaleiro/a deberán
concertar necesariamente a data entre os días 13 e 16 de abril, respectando na medida do
posible as quendas por zonas que establecerá o fotógrafo/a e/ ou a organización.

2-PREMIOS

Primeiro Premio do Xurado: Mandil de Ouro á mellor das tapas presentadas a concurso. Premio dotado
con Diploma +placa + xogo de mandís con deseños personalizados.

Segundo Premio do Xurado: Mandil de Prata á segunda mellor tapa presentada a concurso. Premio
dotado con Diploma+placa+ xogo de mandís con deseños personalizados.

Terceiro premio do Xurado: Mandil de Bronce á terceira mellor tapa presentada a concurso. Premio dotado
con Diploma+placa+ xogo de mandís con deseños personalizados.

Premio “ Tapa do Público” que será a tapa máis votada polos clientes. Premio dotado con Diploma+ placa
+xogo de mandís con deseños personalizados.

Premio á "mellor barra" que será a máis votada polos clientes e na que se valorará a ambientación do local,
a profesionalidade no servizo ( atención, rapidez, información sobre o concurso ) as instalacións (conservación, orde, limpeza e adecuación así como a experiencia global cos clientes . Premio dotado con
Diploma+ placa

Premio “ Tapa de Ribadeo” será a mellor tapa realizada con produtos da zona. Premio dotado con
diploma+ placa+ paquete de formación e asesoramento para a implantación dunha estratexia de marketing
online ( presenza e contidos nas redes sociais, paxina web, campañas de publicidade, dinamización 2.0,
captación de clientes e xeración de imaxe de marca dixital)

A organización resérvase o dereito de conceder mencións especiais a aqueles petiscos que o consideren.

Os premios do Xurado son excluíntes entre si e non poderán concorrer na mesma tapa

3-PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo para a presentación no concurso rematará o día 13 de abril do 2015, ás 14:00 h. A candidatura
presentarase no Rexistro do Concello coa seguinte documentación:

  •  Boletín de inscrición debidamente cumprimentado, que deberá levar o selo do establecemento inexcusablemente
  •  Ficha técnica da receita/s, descrición do estabelecemento e COORDENADAS GPS
  •  Poderán indicarnos se teñen pensando organizar actividades paralelas ao evento de cara a darlles difusión xunto co material do concurso.
A organización reserva o dereito de excluír aqueles estabelecementos que non acheguen a documentación
que se require.

Ata o comezo do concurso a organización comprométese a gardar un estrito segredo profesional o nome e descrición das tapas ou petiscos.

4-CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

1- As tapas presentadas deberán figurar na oferta habitual do estabelecemento como mínimo durante os días de celebración do concurso exceptuando os días oficiais de peche do
estabelecemento, que deberán ser detallados na ficha que se xunta e durante o mínimo de horas que se recolle no punto 3.1. Selar a todos os clientes que o precisen, co seu correspondente selo.

2- Exhibir nun lugar visíbel do interior do estabelecemento o distintivo que identificará aos participantes no concurso Ribadeo de Tapeo.

3- Colocar, nun lugar visíbel e accesíbel, a urna deseñada ao efecto, na que o público depositará os votos que lle outorga a cada tapa.

4- Dentro do estabelecemento, indicar e diferenciar de maneira visíbel na súa oferta as tapas que participen no Concurso.

5- Dar un informe final do número de tapas vendidas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizaráco fin de realizar propostas de mellora para as posíbeis futuras edicións do
mesmo.

É motivo de expulsión do Concurso o incumprimento dalgunha das normas aquí estabelecidas.

5.1 Criterios de valoración

Os criterios de valoración do xurado oficinal serán os seguintes:

1. Elaboración da tapa, puntuarase de 0 a 10
2. Olor, textura e sabor, puntuarase de 0 a 10
3. Presentación , puntuarase de 0 a 5
4. Calidade do servizo , puntuarase de 0 a 5
5. Orixinalidade e creatividade, puntuarase de 0 a 5

Queda á decisión da Organización como organizar estas visitas, dividindo en grupos ou equipos co obxecto de que se visiten todos e cada un dos establecementos.

PREMIO AO PÚBLICO: Este premio será seleccionado polos clientes. As votacións poderán realizarse nas urnas situadas nos estabelecementos participantes.
O premio do público, será o que obteña a mellor puntuación media, resultante de dividir o total de votos obtidos entre o total de votos emitidos.

A mesma metodoloxía será a empregada para o PREMIO Á MELLOR BARRA

Co obxecto de respectar ao máximo a decisión popular, os premios do público non son excluíntes: poden concorrer no mesmo establecemento.

O fallo do xurado será inapelable. A organización reserva para si o dereito a tomar decisión non reflectidas nas presentes bases de cara a mellorar a organización e xestión do mesmo.

TAPAS ESPECIAIS

Nesta convocatoria os establecementos participantes poderán darlle difusión á posible oferta de tapas vexetarianas e tapas aptas para celíacos.

Co obxecto de garantir e asesorar aos participantes na presentación e elaboración de tapas sen glute a organización colaborará coa Delegación de Lugo da Asociación de Celíacos de Galicia que será quen revisarán e asesorará os establecementos interesados no manexo, recomendacións e na correcta elaboración da tapa sen glute. 


*As comunicación cos estabelecementos serán preferente
por correo electrónico

+ INFORMACIÓN

CONCELLO DE RIBADEO . ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
982128650 adl@ribadeo.org

FACEBOOK RIBADEO DE TAPEO
http://www.facebook.com/RibadeodeTapeo

FACEBOOK ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
http://www.facebook.com/ADLRibadeo
https://www.facebook.com/TurismodeRibadeo

TWITTER TURISMO
https://twitter.com/TurismoRibadeo

Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org