Presentación

Cartaz Ribadeo de Tapeo

Benvid@s á X Edición de  Ribadeo de Tapeo

Este ano Ribadeo de Tapeo cumpre 10 anos, unha iniciativa que naceu co  sentido de crear circuítos onde se lle dá valor á pequena cociña. Pequena de tamaño pero grande na súa procura de ser orixinal buscando o mellor da terra e do mar e sempre aproveitando o valor do local.  

Pensamos que coa vosa axuda imos mellorando de ano en ano. Este por exemplo queremos facer máis accesible este concurso e poderemos recoñecer as tapas sen gluten e as vexetarianas.  

Todo co ánimo de que esta sexa unha cita o máis completa posible para que as veciñas e veciños e quen nos visite teñan ganas de repetir.

Seguimos medrando no número de establecementos que participan e iso vai facer que a animación que acompaña o Tapeo este ano chegue a máis lugares do Concello. Desde aquí o noso recoñecemento un ano máis  aos profesionais da gastronomía pois sen eles e elas esta idea non podería ir adiante.  

Aproveitamos este evento como excusa para por en o valor o local, os  nosos productos,  de aí o premio especial de Tapa de Ribadeo, o noso patrimonio local e cultural con sendas actividades arredor do Ribadeo Ilustrado e da ornitoloxía e como non o valor das creadoras locais coa colaboración especial das mulleres de MandaRita.  

 E como sempre dicimos o Tapeo é sobre todo unha boa ocasión para estar coas amizades e percorrer Ribadeo, a vila e as parroquias.    

Agardamos que gocedes coa oferta deste ano e que o noso Ribadeo de Tapeo vaia a máis.  

Ana María Martínez
Concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo
 

Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org