Facer

«Frío? Isto para nós é verán»

12-01-2019

Dous mozos de Dinamarca pasan por Ribadeo percorrendo o Camiño Norte. Dormen en albergues ou tendas de campaña e agradecen as baixas temperatura.

Pasadas as nove da mañá, tras almorzar, dous peregrinos daneses avanzaban por Ribadeo dispostos xa a emprender a subida cara a Ove, seguindo o seu camiño cara a Compostela. Galicia tirita, pero para eles non é ningún problema cando as baixas temperaturas son costume. Nada estraño, pois, que comentasen: «Frío. Isto para nós é verán?». Apuntábao Rasmus, mozo de 28 anos que co seu compañeiro Felix, de 26, peregrinan xa por terceira vez a Santiago, dúas veces antes polo Camiño Frances e agora polo Camiño Norte desde Irún. Sempre elixen estes meses, precisamente polo tempo, máis frío, que lles resulta preferible á calor. Da mochila de Filix colgaba unha ristra de chourizos, aireando, e unha rama de eucalipto, para espantar os males.

Orixinarios de Fanø, a máis setentrional das illas Frisias, cuns 20 quilómetros de lonxitude, o mar constitúe unha dos seus acenos de identidade. Por iso, comenta Rasmus, o Camiño Norte estaba a resultarlles máis agradable, polo seu contacto co mar que agora, tras entrar en Ribadeo, xa perderán ata Santiago.

Falarlles de frío e de como se animan a camiñar en decembro e xaneiro provoca un sorriso neles: «O frío está mellor. O día sol e pouca calor e a mañá fresca, en silencio... é perfecto para camiñar», apunta Rasmus.

«A Filix non lle gusta o Nadal nin ao meu o Ano Novo e por iso sempre saímos a camiñar por estas datas. Somos estudantes en Noruega e facémolo moito en Dinamarca», manifestou.

«Somos xente do mar e o mar é como un compañeiro e agradécese a sensación de sentilo», engadiu. Dormen en albergues, sempre que poden, ou en tenda de campaña cando os albergues municipais están pechados. O frío que aquí sentimos, para eles é «non problema», tampouco para durmir, repite Rasmus sen perder o sorriso.

Compartir: