Facer

O Concello licita o aluguer da instalación por 31.000 euros e estará aberta do 19 de decembro ao 7 de xaneiro

O Concello de Ribadeo volverá instalar unha pista de xeo para atraer visitantes en Nadal

17-11-2018

pista de Xeo

Do mesmo xeito que nos tres últimos anos, Ribadeo volverá contar cunha pista de xeo natural en Nadal, co obxectivo de atraer visitantes, fomentar o consumo no comercio local nunha época na que se incrementan as vendas e fomentar alternativas de lecer saudables.

O Concello vai licitar o aluguer da instalación por 31.097 euros. No prego de condicións especifícase que deberá ser unha pista de xeo natural de 300 metros cadrados (30 x 10), que estará aberta do 19 de decembro ao 7 de xaneiro. Instalarase na localización tradicional.

Como en anos precedentes, articularase un mecanismo polo cal coas compras que se realicen nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo obteranse descontos para as entradas á pista de xeo.

Compartir: