Facer

Venceu AG Porcillán, nunha edición na que se venderon máis de 40.000 tapas

Chefs con estrela Michelín puxeron a guinda a «Ribadeo de Tapeo»

22-05-2018

Ribadeo

Ribadeo reuniu onte a un xurado profesional de primeiro nivel para valorar 16 elaboracións das 44 que participaron este ano en Ribadeo de Tapeo. Foron as que se presentaron ao concurso celebrado onte nas instalacións do Voar.

No xurado estiveron Gonzalo Pañeda, responsable de Auga, restaurante de Xixón cunha estrela Michelín e dous soles da Guía Repsol e Yayo Daporta, membro do Grupo Nove e propietario dun restaurante cunha estrela Michelín e dous soles Repsol. Daporta fíxose moi popular pola súa participación como xurado no programa Top Chef.

Tamén foi xurado Marcos Santamaría, profesor de Hostalería no IES de Foz, e Nicolas Asensio, director do IES. Non puido acudir Lucía Freitas.

O xurado eloxiou a calidade das tapas, incidindo o que o resultado final estivo moi rifado. Como mellor das 16 concursantes elixiron a de AG Porcillán « Xógaras de Porcillán»; segundo foi Texturas Galegas Javier Montero, con « Brownie salgado», e terceiro O Oviedo, con « Carpaccio de ova curada, emulsión de kefir con algas, manteiga de ourizo e vexetais conservadas en vinagre».

O premio á tapa de Ribadeo, na que priman produtos locais, foi para o Parador, con « Petisco de mar».

E Restaurante Mariñeiro, con « Rabodeo», levou unha mención especial.

A concelleira de turismo, Ana Martínez, manifestou onte que nesta edición vendéronse máis de 40.000 tapas.

Compartir: