Facer

Ribadeo busca novos ganchos turísticos

10-01-2017

Ribadeo busca novos ganchos turísticos

O Concello quere dar a coñecer novas opcións aos visitantes máis aló das Catedrais ou as ofertas máis coñecidas.

A delegación de turismo de Ribadeo ten en axenda varios obxectivos, un deles moi expansivo, como é tratar de achegar á xente unha cantidade importante de lugares de interese do municipio que por diferentes razóns agora son moi pouco explotados, pero que a responsable deste departamento, Ana Martínez, está convencida de que poden enganchar de moi diferentes formas.

Unha dos paradoxos que se dan co éxito das Catedrais é que precisa doutros ganchos para que as decenas de miles de persoas que a visitan achéguense a Ribadeo e a outros puntos do municipio para coñecelos mellor e non quedar nesa única visita.

Estas son algunhas das protostas:

  1. Ruta da Ilustración 
O casco Histórico de Ribadeo está declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Aquí construíron as súas casas ricos fidalgos e comerciante que convivían con mariñeiros e artesáns. O resultado é, hoxe en día, un conxunto urbano diferenciado que combina palacios urbanos brasonados con sinxelas construcións.
 

2. Ruta ornitolóxica (Ría de Ribadeo, Charca e cetarias de Rinlo (ZEC AS Catedrais))

 Ribadeo é un concello que ten como unha das súas principias riquezas o entorno natural no que se atopa. Máis aló da súa beleza paisaxística, moitos espazos son especialmente relevantes polos seus valores naturais e a súa biodiversidade. Pero dous destes espazos destacan sobre os demais, ó estar incluídos dentro da rede europea de espazos naturais protexidos, a Rede Natura 2000. Falamos da ría de Ribadeo e do ZEC As Catedrais os dous “hotspot” ornitolóxicos  do Concello.

3. Louselas, Castro das Grobas e desembocadura do Río de Vilaselán

 Na parroquia de Vilaselán e de obrigado cumprimento mencionar, Louselas os restos paleolíticos máis antigos do norte de Galicia, datados ao redor dos 300.000 anos A.C., que constitúen o primeiro vestixio histórico de Ribadeo.Non moi lonxe, sito no lugar coñecido como O Morgullón, na mesma parroquia de  Vilaselán, atopámonos cun xacemento de gran importancia tanto por la súa extensión (2,5Ha) como pola cantidade de restos arqueolóxicos atopados nel, o Castro das Grovas. Ubicado nunha paraxe excepcional permite contemplar unha fermosa panorámica do faro e da desembocadura do río de Vilaselán.    

4. Ruta circular cara o interior 

  Seguindo a ruta dos miradoiros de cara a Illa Pancha, seguindo a ruta da costa cara Rinlo, atravesamos un dos tramos máis virxes da costa ribadense alí atopamos interesantes puntos xeolóxicos que converten o noso litoral. Dende este porto Histórico, unha vez degustados os seus ricos percebes e arroces, encamiñámonos ata a Praia de As Catedrais, pasando polas súas compañeiras as petites Catedrais (Castros e Illas). Despois desta parada obrigatoria, saímos á N634 decorado con fermosas xoias arquitectónicas (Casas Indianas), para introducirnos de cara ao interior do Concello para gozar da súa fermosa paisaxe .   Tomamos dirección á igrexa da Devesa bordeando a falda de Mondigo, e desfrutando das espectaculares vistas da rasa costeira para contemplar a maxestuosidade dos vales do interior. Neles podemos descubrir o recunchos maís descoñecido do turístico Ribadeo. Fervenzas como a do Lexoso, Pazos medievais que nos transportan no tempo como o de Cedofeita e Viladonga e importantísimas capelas que poderían formas parte dos máis prestixiosos catálogos da arte Santuario de Nosa Señora das Virtudes.   Xa de volta, unha panorámica dende o noso Monte de Santa Cruz, amósamos a inmensidade da nosa ría.

Compartir: