Ver

O Forte de San Damián

O Forte de San Damián

Esta construción situada na boca da ría,  a poucos metros do Cargadoiro pasando a Ponte dos Santos,  é o mellor exemplo de arquitectura militar de Ribadeo. Antigamente existía no seu lugar unha torre chamada a Torre Nova.

O forte foi construído, nun punto estratéxico e de difícil acceso,  polo Marqués de Cerralbo no ano 1624.  A súa misión era protexer a entrada da ría ante posibles ataques por mar, para o que foi provisto de artillería.

Foi destruído nun ataque por parte dos ingleses no ano 1719. En 1774 foi reconstruído pero unha explosión sufrida no ano 1809, durante a Guerra da Independencia, volveuno converter en ruínas.


O Forte de San Damián

Posteriormente  pasou a pertencer ao concello que levou a cabo a súa restauración, conservando o muro exterior co seu bastión, as troneiras, o foxo e os contrafortes, e hoxe funciona como sala de exposicións municipal.

O forte atópase nun lugar cunhas vistas espectaculares de Ribadeo e da súa ría.

Compartir: