Ruta da Costa
A ruta da Costa vai dende a vila de Ribadeo ata a praia das Catedrais, facendo un agradable traxecto sempre a carón da costa.
Partindo do Cargadoiro, ás aforas de Ribadeo, pasa polo faro da illa Pancha, Rinlo e a praia de Os Castros- Illas. No traxecto pódese gozar de tres castros, aínda sen escavar, e varias cetarias tradicionais de marisco no entorno de Rinlo, ademais de numerosas calas e pequenas praias e cantís con espectaculares morfoloxías.

A ruta é de dificultade baixa, pero de gran lonxitude. Recoméndase facela nun só sentido, o que resulta sinxelo aproveitando a liña de ferrocarril que discorre paralela á costa.
Durante o traxecto pódense atopar establecementos de hostalería nas zonas de Rinlo, Esteiro e As Catedrais e catro áreas de descanso con mesas.
Esta ruta ten unha senda alternativa que transcorre dende a vila de Ribadeo á Praia das Catedrais bordeando toda a costa, que fará as delicias especialmente de tódolos amantes da bicicleta.