Facer

Taxis turísticos

Taxis turísticos

O taxi turístico é unha forma alternativa de visitar Ribadeo e a súa contorna. O servizo ofrece diversos itinerarios para coñecer e descubrir os encantos da zona. Dispoñible todo o ano:

  • Ribadeo e a súa costa: Ruta patrimonial e paisaxística que nos levará a coñecer a historia e os lugares máis emblemáticos de Ribadeo. 
  • Ruta do ferro: De Ribadeo á comarca dos Oscos, esta ruta transportará aos seus visitantes a tempos remotos onde o ferro era un dos motores da vida na zona. 
  • A Mariña monumental: Do oriente ao centro da comarca, a ruta fai un percorrido polo patrimonio e a súa historia con vestixios románicos, góticos e medievais, entre outros.

Compartir: