Figuras de protección da Ría de Ribadeo

- Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral dende a publicación do decreto 157/1995 da Xunta de Galicia. Inclúe todo o curso do río Eo. Esta figura resérvase para zonas que merecen o réxime de protección por ter recoñecidos uns valores naturais, culturais, científicos ou educativos singulares que se amparan cun réxime compatible cos usos e actividades tradicionais de aproveitamento ordenado das producións, sendo compensadas todas aquelas limitacións aos seus usos.
- Convenio Ramsar asinado polo Estado español para a protección das zonas húmidas. Neste convenio inclúense zonas húmidas de importancia internacional de acordo coa súa riqueza ecolóxica, zoolóxica, botánica, hidrolóxica... moi especialmente como hábitat de aves acuáticas migratorias.

- Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA)dende 1989. Considéranse con este réxime de protección aqueles espazos onde se atopan as medidas axeitadas para evitar a contaminación ou deterioro dos hábitats ou as perturbacións que afectan ás aves.
- Refuxio de Caza dende 1983.
- Punto de Interese Xeolóxico. A Rasa está recollida na publicación do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (1983) e catalogada como “de interese xeomorfolóxico, didáctico e rexional”. Teñen esta consideración aquelas áreas que amosa nunha ou varias características consideradas de importancia dentro da historia xeolóxica dunha rexión natural.
- Espazo natural protexido dende 1991.
- Área de Importancia para as Aves. A ría de Ribadeo está decretada como Important Bird Area (número 8) polo Consello Internacional para a Conservación das Aves (ICBP), en colaboración coa Oficina Internacional para o Estudo das Aves Acuáticas e as Zonas Húmidas (IWRB) e a Sociedad Española de Ornitología. A ría de Ribadeo foi seleccionada por ser una importante zona de invernada e descanso migratorio de anátidas (parrulo rabudo, o pato asubión, cupón, lavanco…) e limícolas (pilro común, mazarico real…).
- Espazo incluído en Rede Natura 2000 e na Directiva de hábitats dende 1992. No Eo podemos atopar os mellores bancos de area cubertos permanentemente por augamariña así como zonas pantanosas básicas.