Facer

Música

Música en Ribadeo

Na programación cultural destaca o papel protagonista da música da man da Banda Municipal de Música de Ribadeo e a Coral Polifónica.

Durante o verán, é habitual a representación de diversas actividades musicais espalladas polas rúas, prazas e outras instalacións da vila.

Ademais, en Ribadeo teñen lugar numerosos festivais:

  • Festival Jazz Blues: Nas últimas semanas de xullo. Un festival que reúne o mellor da musica jazz do panorama nacional e internacional, acompañado de actividades como exposicións, conferencias, mesas redondas, mesas de cine e mercados de discos. http://jazzbluesribadeo.com/
  • Festival de Habaneras: En agosto. Organizadas pola Coral de Ribadeo, participan a formación convocante e como mínimo outras dúas procedentes doutras localidades.
  • Festival Folklórico: En agosto. Exhibición de música e bailes tradicionais de diferentes países. 
  • Festival internacional de música clásica: En agosto. Ten lugar a cita estival anual con intérpretes chegados de distintos países. http://www.fimcr.com/

Festival Folklórico

O longo de todo o ano, o ciclo Músicas Posibéis, achega aos nosos escenarios outros xéneros musicais como o hip hop, el jazz, el blues ou a fusión.

Compartir: