Vir

Taxis

Taxis turísticos

Taxi

O taxi turístico é un xeito alternativo de visitar Ribadeo e a súa contorna. O servizo ofrece diversos itinerarios para coñecer e descubrir os encantos do territorio. Dispoñible todo o ano: 

Ribadeo e a súa costa: Ruta patrimonial e paisaxística que nos levará a coñecer a historia e os lugares máis emblemáticos de Ribadeo.

Ruta do ferro: De Ribadeo á comarca dos Oscos, esta ruta transportará aos seus visitantes a tempos remotos onde o ferro era un dos motores da vida na zona.

A Mariña monumental: Do oriente ao centro da comarca, a ruta fai un percorrido polo patrimonio e a súa historia con vestixios románicos, góticos e medievais, entre outros.

Taxis

Servizo de Taxis de Ribadeo:
Praza de España - 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 128 111 -  Ribadeo conta cunha parada de taxis situada na Rinconada de San Francisco, ao carón da igrexa de Santa Mariña do Campo.

Teletaxi:
Rinconada San Francisco, s/n - 27700 Ribadeo
Teléfono: 646 060 505 // teletaxiribadeo@hotmail.es

Compartir: