Vir

En bus ou tren

Autobús

Tren

Ribadeo conta cunha estación de autobuses situada na Avenida Rosalía de Castro, que conecta o centro con outras cidades de Galicia e con parte do estado. Operan as seguintes compañías:

  • Arriva que conecta con gran parte de Galicia.
  • Alsa que conecta Ribadeo co resto do estado destacando a cornisa cantábrica e Madrid.

Tren - FEVE: Polo litoral do municipio pasa a líña Ferrol-Xixón de Ferrocarrís de Vía Estreita, con apeadoiros en Esteiro (sendo este o máis próximo á praia das Catedrais), Os Castros, Rinlo e Ribadeo. Esta é unha moi boa opción para gozar dunhas paisaxes impresionantes e con tempo suficiente para poder coñecer as diferentes vilas polas que se vai pasando.

Desta forma Ribadeo está conectado por tren con todoos municipios da costa de Lugo e do occidente de Asturias.

Compartir: