Canouras, pioneiras do turismo.
Baños de Mar

Baños de Mar recordará a figura das canouras, pioneiras do noso turismo, a través de conferencias e visitas guiadas sobre o poder curativo das augas e o uso que delas se facía na nosa vila. Complementarán estas xornadas diversos actos lúdicos e musicais e, como non, baños de mar colectivos.
23 de setembro
11.30h. Casa da Cultura. CONFERENCIA "Hidroterapia, talasoterapia e culto asociado ás augas na cultura galega" a cargo de Rafa Quintía.
13.00h. Na praia do Cargadoiro. BAÑO DE MAR COLECTIVO.
24 de setembro
11.30h. Na parque de san Franciso. VISITA GUIADA. “Canouras, pioneiras do turismo”, a cargo de Noemi Díaz Orol informadora turística de Turismo de Ribadeo. Reserva aquí
13.00h. Na praia do Cargadoiro. BAÑO DE MAR COLECTIVO.
14.00h. Na área do Cargadoiro. XANTAR CAMPESTRE. Trae a túa comida.
15.00h. Na praia do Cargadoiro. Os Monifates. Baile, música e monicreques nun formato distinto e orixinal.
16.00h. Na área do Cargadoiro. ESPECTACULO DE NARRACIÓN ORAL para publico familiar. Onda min. a cargo de Raquel Queizas
17.00h. Na área do Cargadoiro. ESPECTÁCULO DE CIRCO. IKigai. Compañía Su.Ma
18.30h. Na área do Cargadoiro. CONCERTO. Mediarea. Música do País.