Facer

EN BUSCA DE PERSOAS AVENTUREIRAS.

Ribadeo 4X4

CONSULTAR NAS EMPRESAS PARTICIPANTES
* Tarifa con período de vixencia limitado

BASES

Ribadeo 4X4


“Ribadeo 4x4” é un evento organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con A.C.I.S.A. Ribadeo no marco do SetembroXNatural . Este evento anda a procura de persoas aventureiras con gañas de gozar dos atractivos da nosa contorna natural. Aos participantes, propóñeselles un gran reto! Realizar 4 actividades da oferta de turismo activo de Ribadeo integrada no evento, en 4 días con secutivos fin de semana incluído dentro do mes de setembro. Para isto os participantes contarán cunha tarxeta persoal que terán que ir selando na medida que realicen actividades.

OS participantes que realicen o Gran Reto obter -4 selos de activi dades diferentes en 4 días consecutivos -, conseguirán activar a súa tarxeta converténdoa nunha “tarxeta moedeiro ”. Esta será individual e intransferible por valor de 20€ para gastar en establecementos de hostalería asociados a A.C.I S A. Ribadeo. As recompensas deberán disfrutarse o mesmo mes de setembro.

Ollo! Os participantes deberán estar atentos xa que nesta edición dipoñem os dun límite de 50 tarxetas moedeiro!

Haberá tamén un “Gran premio” para aqueles SUPERAVENTUREIROS que cheguen a realizar 6 a ctividades en 4 días. Estes /as entrarán a formar parte dun sorteo dunha estancia en Ribadeo con aloxamento, almorzo e unha comida para dúas persoas (fora da época estival) valorada en 200 € e en establecementos integrados en A.C.I.S.A Ribadeo , máis un set de produtos galegos.
 
Aqueles participantes que consigan realizar o gran reto pero non poidan activar a súa tarxeta (porque xa se esgotaron as 50 dispoñibles) entrarán a formar parte do sorteo dunha estancia en Ribadeo con aloxamento, almorzo e unha comida para dúas persoas (fora da época estival) valorada en 200 € e en establecementos in tegrados en A.C.I.S.A Ribadeo. Para formar parte deste sorteo deberán depositar a súa tarxeta na urna que estará dispoñible na Oficina de
Turismo de Ribadeo.

Descargas

Compartir: