Facer

Móvete ao son da nosa natureza

VISITAS GUIADAS POLA NATUREZA

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado

Senda Azul

 Nesta ruta percorreremos unha parte (ida e volta) da Senda Azul de Ribadeo. Saíndo dende a Oficina de Turismo chegaremos ata a punta da Torba, onde se forma unha a enseada que en tempos pasados ocupou un muiño de aceas (hoxe rehabilitado); iremos descubrindo o entorno da ría e cómo esta vai condicionar a presencia e distribución de distintas e variadas comunidades animais e vexetais

Saída: 11.00h
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Ribadeo
Duración: 3,5 h. Distancia a pé: 5km. Dificultade: baixa.
Gratuitamente /Grupo máximo: 20 persoas

Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados á condicións meteorolóxicas. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Camiño Natural Ruta do Cantábrico (Rinlo – As Grobas)

Camiño Natural Ruta do Cantábrico (Rinlo – As Grobas)

Esta ruta descorre polo camiño natural costeiro que vai desde a pequena vila de Rinlo ata o lugar de Mergullón onde se localiza o castro das Grobas. A quí as comunidades vexetais están condicionadas pola presencia do mar. O litoral, en forma de cantís, areais e esteiros preséntase como un medio onde os seus hábitats naturais están rexidos pola especialización e tolerancia ó medio mariño.

Saída: 11.00 h
Punto de encontro: praza de Santa Catarina en Rinlo. Coordenadas: 43.556618, -7.103334
Duración: 3,5 h. Distancia a pé: 5km. Dificultade: baixa.
Gratuitamente /Grupo máximo: 20persoas

Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados á condicións meteorolóxicas. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Camiño de Santiago (ata Santa Cruz)

Camiño de Santiago (ata Santa Cruz)

Este roteiro circular permitirános percorrer unha pequena parte do camiño norte de Santiago na súa saída da vila de Ribadeo. O punto de partida será a oficina de turismo e o retorno será o mirador de Santa Cruz onde falaremos da vexetación, fauna e flora máis características do noroeste cantábrico.

Saída: 11.00h
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Ribadeo
Duración: 3,5 h. Distancia a pé: 5km. Dificultade: baixa.
Gratuitamente /Grupo máximo: 20 persoas

Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados á condicións meteorolóxicas. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Xeorutas

Xeoruta da Ría

Descubrirase a orixe da ría de Ribadeo e cal pode ser a súa evolución, así como observar moitas das formas que xerou tanto a erosión mariña como a fluvial.

• Xoves 2 setembro ás 16.30h
• Sábado 18 de setembro ás 16.30h
• Domingo 19 de setembro ás 16.30h
• Sábado 25 de setembro ás 10.30h

Duración: 3,5 h. Distancia a pé: 6,5km. Dificultade: baixa.
Gratuitamente /Grupo máximo: 20 persoas
Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia de As Catedrais. Coordenadas: 43.553569, -7.159227

IMPORTANTE!!!! A reserva de cada visita non se poderá realizar ata 7 días antes da mesma.

Máis info e reservas:
• No blogue https://rutasxeoloxicasdegalicia. blogspot. com/

Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas.
Non é recomendable o calzado de praia. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por motivo do COVID 19.

Xeoruta dos Arcos

 Explora o conxunto de arcos rochosos máis importante da península Ibérica. Un capricho da natureza que se formou fai miles de anos pero que continua vivo na actualidade.

Duración: 45 min. Distancia a pé: 1,5km. Dificultade: baixa.
Gratuíta /Grupo máximo: 20 persoas
Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia das Catedrais. Coordenadas: 43.553569, -7.159227

Compartir: