Facer

Xeoruta dos Ollos

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
xeoruta

Esta zona da costa de Ribadeo é moi peculiar, forma parte do que se coñece como “rasa cantábrica”, que non é outra cousa que unha superficie achairada a medio camiño entre os cantís e as montañas, duns 3 quilómetros terra a dentro. As rochas que atopamos nestes cantís son lousas e cuarcitas, que forman capas ben visibles e que se erosionan facilmente co embate do mar. Esta erosión é moi intensa, o cal favorece a formación de furnas (covas mariñas), ollos (bufadoiros), arcos e illotes. Todas estas peculiaridades fan que esta zona teña o recoñecemento de lugar de interese xeolóxico. A xeoruta dos ollos toma este nome da concentración, nesta parte da costa, dunhas formacións xeomorfolóxicas denominadas “Ollos”. Este é o nome que lle deron os pescadores locais ás estruturas circulares que aparecen nas zonas litorais, e que permite a entrada de luz nas furnas, así, dende o mar parecen ollos de luz nas escuras paredes do cantil.



Calendario de Visitas


Xeorutas

Días e horas da Xeoruta dos Ollos

Xullo:

  • Xoves 15 ás 10.00h 
  • martes 27 ás 10.00h
Agosto:
  • Xoves 19 ás 10.00h

IMPORTANTE!!!!   A reserva de cada visita non se poderá realizar ata 7 días antes da mesma.


Clique aquí para tramitar a súa reserva.

Duración: 3h.
Distancia a pé: 5km.
Dificultade: baixa.
Punto de encontro: praza de Santa Catarina en Rinlo. Coordenadas: 43.556618, -7.103334
De balde /Grupo máximo: 20 persoas

Máis info e reservas:

•             No blog https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/


*Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Compartir: