Facer

Xeoruta dos Arcos

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
xeoruta

Con esta ruta xeolóxica poderase descubrir, paso a paso, o proceso que deu lugar aos arcos rochosos da praia das Catedrais, o maior conxunto de arcos rochosos da Península Ibérica. Mais tamén a explicación do por que se concentra un número tan importante deles nesta praia. Estamos ante un incrible Monumento Natural que representa unha das marabillas xeolóxicas máis salientables que temos en Galiza. Do mesmo xeito, este treito costeiro mostra moitos elementos xeomorfolóxicos (furnas, ollos, illotes, etc.) presentes na evolución destes cantís da Mariña.


Calendario de Visitas



Xeorutas

Días e horas da Xeoruta dos Arcos

Agosto

  • Martes 4 ás 9.15h
  • Martes 4 ás 11.00h
  • Martes 18 ás 9.15h
  • Martes 18 ás 10.30h
  • Xoves 20 ás 10.00h
  • Xoves 20 ás 11.15h
Setembro
  • Xoves 3 ás 10.00h
  • Xoves 3 ás 11.15h
  • Venres 18 ás 9.45h (Edición especial)
  • Sábado 19 ás 10.30h (Edición especial)
  • Domingo 20 ás 11.15h (Edición especial)

IMPORTANTE!!!!   A reserva de cada visita non se poderá realizar ata 7 días antes da mesma.


Clique aquí para tramitar a súa reserva.

Duración: 45 minutos

De balde /Grupo máximo: 10 persoas

Máis info e reservas:
•             Na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo.ribadeo.gal
•             No blog https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/

Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia de As Catedrais. Coordenadas: 43.553569, -7.159227

*Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Compartir: