Facer

Visita guiada Ribadeo Ilustrado

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
Visita guiada

Unha das épocas de maior auxe económico de Ribadeo prodúcese no século XVIII (século da Ilustración, das Luces). Neste momento o porto ribadense acada una posición de primeiro nivel entre os portos de todo o Cantábrico. Causa e efecto é o establecemento de destacados comerciantes na vila, que transforman a súa fisionomía coa construción de novas vivendas. Hoxe, consérvanse nas rúas do casco vello algúns exemplos destes pazos, que nalgúns casos, están singularizados polos miradoiros de cristal erguidos nos cumios dos tellados coñecidos como “Gurugús.

Elixe día e reserva a túa visita

Xullo

Agosto


Duración 1.30h horas

De balde /Prazas limitadas: 24 persoas

Reservas na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo.ribadeo.gal

Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo.

Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Compartir: