Facer

Visita guiada ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes

 Durante esta visita descubrirás un magnífico conxunto de pinturas murais de época tardo-medieval, único en Galicia.
De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
Visita guiada ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes

Este santuario conserva un rico patrimonio en pinturas murais tardo- medieval. A ornamentación pictórica levouse a cabo mediante a técnica do fresco.
 
Na ábsida da capela localízanse no muro sur, varias escenas da infancia de Cristo: a matanza dos inocentes , a fuxida a Exipto….

Na parte interna da pilastra que sostén o arco triunfal, polo lado sur, un home rico. Fronte á figura da riqueza, na pilastra do muro norte, un esqueleto, parece representar a Morte viva.

No muro norte aparece tamén un trio mariano, Asunción, Coroación de María e o Descendemento. Do ano 1516.

Por último destacar as pinturas que hai no muro sur que fan alusión ao mar, un naufraxio, era un exvoto (ofrenda en recordo dun ben recibido) que data do 1606.




Elixe día e reserva a túa praza

Xullo

Agosto




Duración 1.30h horas

De balde /Prazas limitadas: 24 persoas

Reservas na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo.ribadeo.gal

Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo

Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Ligazóns

Compartir: