Facer

Roteiros guiados

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
Roteiros guiados

DESCUBRE RIBADEO A TRAVÉS DOS NOSOS PERCORRIDOS GUIADOS

1.      
Xeoruta dos pregues, descobre unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, o gran pregue que se estende dende a  Ría de Foz a de Ribadeo.*
Os luns 6, 13, 20 e 27 de agosto
Punto de encontro: na área recreativa da Areosa (Piñeira). Coordenadas: 43.556003, -7.064298

2.      
Visita ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes e atoparás un magnífico conxunto de pinturas murais de época tardo-medieval, único en Galicia.
Os martes 7, 14, 21 e 28 de agosto
Punto de encontro: na A Ponte de Arante. Coordenadas:  43.496713, -7.143262

3.      
Coñece o noso “Ribadeo Indiano” e sorpréndete coa súa pegada.
Os mércores 1, 8, 15, 22 e 29 de agosto
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo.

4.      
Percorre “O Ribadeo dos Comerciantes” e fascínate co seu legado.
Os xoves 2, 9, 16, 23 e 30 de agosto
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo.

5. Xeorutas do Ollos e Ruta do Percebe, saborea os tesouros xeolóxicos e gastronómicos deste treito litoral do fermoso pobo mariñeiro de Rinlo. A nosa percebeira seducirate coas súas vivencias persoais.*
Os venres 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto
Punto de encontro: praza de Santa Catarina en Rinlo. Coordenadas: 43.556618, -7.103334

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------  Hora: 11.30h / Duración 1 hora

De balde / Prazas limitadasReservas:

  • Na Oficina de Turismo de Ribadeo.
  • No e-mail: turismo@ribadeo.org ou no : 982 128 689
*Grupo máximo: 15 persoas

*Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia

Compartir: