Facer

PERCORRIDOS GUIADOS

* Tarifa con período de vixencia limitado
PERCORRIDOS GUIADOS

DESCUBRE RIBADEO A TRAVÉS DOS NOSOS PERCORRIDOS GUIADOS

1.      
Coñece o noso “Ribadeo Indiano” e sorpréndete coa súa pegada. Nas últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX, Ribadeo viviu unha época de auxe económico, social e urbanístico. A bonanza debeuse en gran medida ao retorno de quen emigrara a América: os indianos. Eles trouxeron unha arquitectura cosmopolita que se inseriu de forma rechamante entre as casas tradicionais, para simbolizar o triunfo e o éxito conseguido na diáspora.

Os martes:

  • 18 e 25 de xullo
  • 1, 8, 15, 22 e 29 de agosto
  • 5 e 12 de setembro
  • Hora: 11.30h
  • Punto de encontro: Diante da Oficina de Turismo de Ribadeo.
  • Duración 1 hora
  • De balde / Prazas limitadas
-------------------------------------------------------------------------------------------- 2.  Percorre “O Ribadeo dos Comerciantes” e fascínate co seu legado.
O centro histórico de Ribadeo está declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Aquí construíron as súas casas ricos fidalgos e comerciante que convivían con mariñeiros e artesáns. O resultado é, hoxe en día, un conxunto urbano diferenciado que combina pazos urbanos brasonados con sinxelas construcións. O seu máximo expoñente relixioso, atopámolo na Capela da Atalaia do S. XII, a máis antiga da vila.

Os xoves:
  • 20 e 27 de xullo
  • 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto
  • 7 e 14 setembro
  • Hora: 20.00h
  • Punto de encontro: Diante da Oficina de Turismo de Ribadeo.
  • Duración 1 horaDe balde / Prazas limitadas

Reservas:
  • Na Oficina de Turismo de Ribadeo.
  • No teléfono: 982 128 689

Compartir: