Facer

Xeorutas‐ Visitas guiadas

De balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
Xeorutas‐ Visitas guiadas

1-Xeorutas dos arcos ¿Porque aquí e non noutro sitio? A resposta a esta e outras cuestións atopámola neste pequeno e sinxelo percorrido xeolóxico pola contorna das praias de As Catedrais e Esteiro. Este paseo polo litoral ribadense permitiranos coñecer de primeira man a orixe dos seus famosos arcos rochosos. Un capricho da natureza que se formou fai miles de anos pero que continua vivo na actualidade.

Horarios:

  • Xullo, agosto e ata o 17 de setembro
  • De martes a domingo
  • 4 saídas en horario de mañá ou de tarde en función da marea baixa.
  • Horario de mañá: 10.00h, 11.00h, 12.00h e 13.00h
  • Horario de tarde: 16.00h, 17.00h, 18.00h e 19.00h
Grupo máximo: 15 persoas.
Duración:
1 hora aprox. (3 quilómetros) Recomendacións: Levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia.

* As reservas faranse a través:
  • Do correo electrónico: ribadeoxeorutas@gmail.com
  • Do whatsapp ou telegram no: 660 18 76 38
  • De maneira presencial no Punto de Información Turístico da Praia de As Catedrais.
O prazo de inscrición remata o día anterior a xeoruta que desee realizar ás 22.00h.

*
Para formalizar a reserva deberá proporcionar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, Lugar de procedencia e teléfono de contacto.

* A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar as actividades por cuestións alleas a ela.

*A cancelación da reserva
poderá realizarse mediante o envío dun correo electrónico (indicando nome, apelidos, día e quenda da xeoruta) a ribadeoxeorutas@gmail.com.

* Para máis información: 660 18 76 38

Xeorutas‐ Visitas guiadas

2-Xeorutas dos ollos ¿Que son os ollos, como se formaron e que utilidade tiveron? Todas estas cuestións resolveranse se se fai este itinerario xeolóxico pola contorna do fermoso pobo mariñeiro de Rinlo. Pero ademais poderanse descubrir outros tesouros xeolóxicos deste treito litoral, como os micropregues, resultado da intensa deformación á que foron sometidas as rochas deste lugar.

Horarios:

  • Xullo, agosto e ata o 17 de setembro
  • Martes, xoves e sábado ás 16.00h e ás 17.30h
Grupo máximo: 15 persoas.
Duración: 1 hora aprox. (3 quilómetros) Recomendacións:Levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia.

As reservas faranse a través:O prazo de inscrición remata o día anterior a xeoruta que desee realizar ás 22.00h.

*
Para formalizar a reserva deberá proporcionar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, Lugar de procedencia e teléfono de contacto.

* A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar as actividades por cuestións alleas a ela. Para + info nas oficinas de turismo das Catedrais e Ribadeo ou no teléfono: 660 18 76 38.

* A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar as actividades por cuestións alleas a ela.

A cancelación da reserva poderá realizarse mediante o envío dun correo electrónico (indicando nome, apelidos, día e quenda da xeoruta) a ribadeoxeorutas@gmail.com.

Compartir: