Facer

Redrun Producións - Roedores

01-02-2015
Redrun Producións - Roedores

Programación infantil. 17:30h no Auditorio Hernán Naval

Programación infantil. 17:30h no Auditorio Hernán Naval

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... "Todos somos Roedores" 

"Roedores" é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos... E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demais.

A compañía de teatro REDRUM estará o domingo 1 de febreiro ás 17.30 h no Auditorio Municipal Hernán Naval.
Duración: 55 ‘
Prezo da entrada: 2’5 €

Compartir: