Facer

ROTEIROS INTERPRETADOS POLO MONUMENTO NATURAL PRAIA DE AS CATEDRAIS

Dende o 28-03-2018 ata o 30-06-2018
ROTEIROS INTERPRETADOS POLO MONUMENTO NATURAL PRAIA DE AS CATEDRAIS

Roteiros interpretados polo Monumento Natural Praia de As Catedrais   Aproveitando a chegada da Semana Santa e con ela, miles de turistas a Ribadeo, a área de Turismo ten a intención de por en marca unha serie roteiros guiados polo Monumento Natural da praia de As Catedrais, considerando esta actividade como un reclamo e atractivo turístico máis dentro da nosa oferta de lecer, tratando así, de por en valor o noso patrimonio. É por iso que desde este departamento desexamos incorporar este ano unha nova actividade que redunde na calidade, diversidade e vistosidade do noso patrimonio.

Trátase duns 13 ROTEIROS GUIADOS POLO MONUMENTO NATURAL DA PRAIA DAS CATEDRAIS a través do cales se mostrarán os aspectos históricos, culturais, etnográficos, xeográficos, naturais e mitolóxicos relacionados cós lugares polos que se discorre.

Estes están pensados para todo tipo de público, incluído o infantil. Agora ben, no caso de menores de doce anos, estes deberán ir acompañados de un adulto durante a actividade.

O roteiro deseñado transcorrerá dende o comezo do Monumento Natural da Praia de Augas Santas (As Catedrais) ata Rinlo (9 km). Levarse a cabo durante o xoves, venres e sábado de Semana Santa e os sábados 5, 12, 19 e 26 de maio e 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño, en horario de 10.00h a 14.00h. A estas xornadas sumaráselles un día de ruta cós empresarios do sector da hostalería do Concello. O punto de encontro será diante do punto de información turístico da praia de As Catedrais.

Recomendamos levar calzado de montaña e escarpíns para camiñar sobre as rochas, roupa de auga, bañador ou pantalóns curtos e auga.

As prazas son limitadas, para formalizar a reserva en turismo@ribadeo.org ou no 982 128 689.

Compartir: